lunes, 30 de enero de 2017

XANEIRO 2017

CUMPLEAÑOS; Ángel González

Yo lo noto: cómo me voy volviendo
menos cierto, confuso,
disolviéndome en aire
cotidiano, burdo
jirón de mí, deshilachado
y roto por los puños.


Yo comprendo: he vivido
un año más, y eso es muy duro.
¡Mover el corazón todos los días
casi cien veces por minuto!



Para vivir un año es necesario
morirse muchas veces mucho.

Día da Paz


Fai chegar a túa mensaxe 

nun libro

nunha botella...,



 Con este lema o alumnado de 2ºESO codificou as súas mensaxes de paz nas páxinas dos libros para que os de 1ºESO as descifrasen. Tamén colocaron nas botellas imaxes de situacións nas cales a paz non é posible, para reivindiar unha paz sen fame, sen miseria, sen analfebetismo....






Encontra a mensaxe


martes, 24 de enero de 2017

María Alonso publica "Esperanza azul"

A alumna do noso centro María Alonso (4º de ESO) vén de publicar a súa primeira novela, Esperanza azul. Onte, no auditorio do instituto, fixo unha presentación da obra para todos os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, e o certo é que nos deixou a todos con moita gana de meterlle o dente. Dende o equipo de biblioteca animámosvos a todos a que a leades.

PARABÉNS, MARÍA!!!


lunes, 23 de enero de 2017

Obradoiro de narrativa no Casares

O equipo de biblioteca organizou para os alumnos do centro un obradoiro de narrativa. Aquí tedes a información sobre esta actividade.
.

viernes, 13 de enero de 2017

CLUB DE LECTURA DE ALUMNOS. CURSO 2016-2017

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS 2016-2017

Títulos  propostos:


-Biografía gráfica de Ana Frank, editorial Norma. Esta obra vai un pouco máis alá da Segunda Guerra Mundial, remóntase a finais de 1914. Partindo da voda de seus pais, dá a coñecer a infancia da protagonista ata que a familia ten que buscar refuxio. A obra, con formato cómic, ofrece datos históricos que fan posible coñecer mellor o sucedido.






-El misterio Velázquez, de Elicer Cansino. A obra céntrase en Nicolás Pertusato, unha das personaxes que aparecen no cuadro das Meninas. O misterio xira arredor da Cruz de Santiago, que Nicolás terá que pintar, xa que Velázquez está doente.









-Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz. A autora conta, nesta historia escrita en galego, a súa propia vida de loita pola supervivencia, unha vida atrapada pola droga e o VIH.










-Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi. Unha novela histórica ambientada en Lisboa, en pleno réxime salazarista. Ó final do libro o autor explica que "pereira", como tódolos nomes de árbores frutais, é de orixe hebrea. Con iso quiso rendir homenaxe ó pobo xudeu, perseguido polos fascismos europeos daqueles anos.