miércoles, 11 de marzo de 2015

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


AS MULLERES NAS MATEMÁTICAS.
Cada 8 de marzo, celébrase o día internacional da muller. Con este motivo, o noso centro quere dedicarlles unha homenaxe, lembrando algunhas mulleres que destacaron no ámbito das Matemáticas.
Teano (s. VI a. C.) é coñecida como a primeira muller que destacou nas ciencias (matemática, médica, astrónoma e precursora da investigación). Acabaría casando con Pitágoras. Na Grecia clásica a muller só tiña poder na economía doméstica. 
Hypatia de Alexandría (370 - 415)  tivo unha vida moi prolífica, chegoo a escribir 44 libros. 
Desde  Helena Cornaro (italiana do século XVII), Gabrielle-Émilie Le Tonnelier de Breteuil (francesa do XVIII) ou Augusta Ada Byron (británica do XIX, a única filla lexítima do poeta Lord Byron) ata Antonia Ferrín Moreiras (ourensana de 1914 - 2009) as mulleren continúan contando e sumando na nosa sociedade. A cifra das mulleres non ten límites.
Se queres coñecer con detalle  estas mulleres, visita a exposición da entrada do centro. (Tes información nunha carpeta situada na mesa xunto ás ilustracións sobre Jorge Manrique.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario