Nicolás non é quen de segui-lo ritmo das clases.
Amólalle ir sempre á escola. Así que toma a seria
decisión de non volver procurando que seus pais non se decaten. Sen
embargo está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un
reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun
dese reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man
dos seus amigos Ramiro e Sol, únicos cómplices dos seus segredos,
cando atopan dentro dese reloxo un cofre con misteriosos obxectos.
Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.
Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.