lunes, 19 de abril de 2010

A pantasma de Canterville. Autor: Oscar Wilde. Versión de A. G. Llorca. Editorial Almadraba, Kalafate.


O segundo libro que propoñemos para o Club de Lectura é un clásico da literatura irlandesa. Esta obra adaptada ó cine en varias ocasións, é unha das máis lidas de Oscar Wilde. Narra a historia dunha pantasma que ve cómo o seu poder sobre os vivos esfúmase cando se instala na súa casa unha familia de norteamericanos nada supersticiosos.
Esperamos que che guste. Vémonos o vindeiro mércores día 28 de abril na aula de informática, no primeiro recreo. Cambiaremos impresións.

Aire negro. Autor: Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais


Cando o doutor Moldes comeza a traballar nunha clínica psiquiátrica, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que pasa o día enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún ignorado naufraxio. O doutor conseguirá que Laura volva recordar todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía adiviñar que, deste xeito, estábanlle abrindo a porta a unha realidade terrible que os deixaría marcados para sempre.

Un home que xaceu aquí. Autor: Aníbal C. Malvar. Ed. Sotelo Blanco


Unha novela que se move no ámbito referencial da literatura de xénero - o da novela negra— e conta a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca. Cómica e tráxica ó mesmo tempo, Aníbal C. Malvar amosa un coñecemento sorprendente dos recursos propios do xénero policial utilizados aquí con gran habilidade, dando ó libro a tensión propia dunha boa película de suspense.

CONCURSO DE MICRORRELATOS DOS CENTROS DO CAMPUS DO MEIXUEIRO.

BASES DO CONCURSO
1. Poderán participar todos os alumnos/as en tres modalidades:
- 1º e 2º da ESO.
- 3º e 4º da ESO.
- Bacharelato e Ciclos Formativos.
2. Temática: o tema do microrrelato será "os soños".
3. As obras serán creadas o día da celebración do Certame e deberán ser orixinais e inéditas. Poderase utilizar unha de todas as linguas que compoñen o contexto sociolingüístico da escola. Realizarase en formato de papel tamaño DIN-A5 que será proporcionado pola organización. A extensión das obras será dun máximo de 200 palabras (de oito a dez ringleiras). Os traballos serán asinados baixo pseudónimo. Só poderá presentarse unha obra por autor.
4. Lugar de celebración: a biblioteca do centro, o día 20 de maio do 2010; todos comezarán a obra ás 12:00 horas da mañá. O tempo máximo será de 60 minutos.
5. Premios. Se concederán tres premios por categoría.
- Terceiro premio: unha cámara fotográfica dixital.
- Segundo premio: un Ipod (MP4).
- Primeiro premio: un miniordenador (noteboock).
6. Proceso de selección de ganadores.
O Xurado estará integrado por un/unha profesor/a e un/unha alumno/a de cada centro. Os seus compoñentes non se farán públicos ata o día do fallo do Certame.
A valoración das obras seguirá os seguintes criterios:
- Calidade do traballo.
- Correspondencia co tema do Certame.
- Orixinalidade.
O fallo do Xurado será inapelable.
7. Publicación dos resultados.
Farase unha vez falle o Xurado.
8. Entrega de premios.
O lugar, data e hora serán determinados pola organización unha vez coñecido o fallo do Xurado.
9. Outras consideracións.
A organización resérvase o dereito de publicar un libro cunha selección dos mellores microrrelatos presentados ao concurso, sen que os autores teñan dereito a percibir nada por esa primeira edición.

viernes, 9 de abril de 2010

Animación á lectura de Economía

Este apartado esta destinado aos recursos para a contribución do Departamento de Economía ó proxecto lector.